Admisión FP 2025-2026

As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
Cada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado. Consulte as instrucións xerais e os calendarios.
CURSO 2025 – 2026. MATRÍCULA NO CENTRO DE ADXUDICACIÓN
As persoas que participen no proceso de admisión e obteñan algunha praza adxudicada terán que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación. Para efectuar esta matrícula, deberán obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime de persoas adultas) que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na praza adxudicada no prazo establecido para o efecto, perderá o dereito á praza e só poderá matricularse no caso de existir vacantes.
Para a oferta modular na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet, na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de admisión coa que se obtivo a praza adxudicada.
A solicitude de matrícula web deberase facer no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
- DNI orixinal non caducado.
- Orixinal ou copia cotexada da titulación de acceso.
- Recibo de pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos) 1.12€ na conta de ABANCA ES83 2080 0388 2331 1000 3787
No CONCEPTO DE INGRESO deberase poñer:
- CFEA GUÍSAMO – NOME E APELIDOS D@ ALUMN@ – DNI D@ ALUMN@
No caso de autorizacións:
- Autorización por escrito.
- DNI das dúas persoas (autorizante e autorizado)
Admisión FP 2025-2026. Prazas liberadas.
Ábrese o prazo de matrícula en ofertas de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 1 de setembro ás 9:00 horas ata o día 26 de setembro ás 13:00 horas.
Para matricularse en prazas liberadas a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o ciclo ou curso de especialización correspondente.
A matrícula en calquera oferta de formación profesional con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión de formación profesional e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas de calquera tipo de oferta, modalidade e grao.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo ou curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.
Cursos de especialización
- Cursos de especialización con prazas dispoñibles.
- Información requisitos de acceso.
- Modelo de documento en formato PDF.
Oferta ordinaria
Para solicitar a matrícula en ciclos de oferta ordinaria con prazas liberadas empregarase o anexo I.
- Ciclos formativos de grao medio con prazas vacantes.
- Ciclos formativos de grao superior con prazas vacantes.
Oferta modular
Para solicitar a matrícula en módulos de oferta modular con prazas liberadas empregarase o anexo II.
Modalidade distancia
OFERTA FORMATIVA DO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGRARIA DE GUÍSAMO
Oferta ordinaria:
D2AGA000300 Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría (22 prazas)
D3AGA000200 Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural (22 prazas)
Oferta Modular a distancia:



FORMACIÓN CONTÍNUA PARA O AGRO GALEGO 2025


no marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia. Accións confinanciadas co 60% FEADER


Unha oportunidade para explorar a intelixencia vexetal e comprender o seu papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas.
Visita virtual ás instalacións do CFEA de Guísamo
Entrevista á directora do CFEA de Guísamo da revista da AGAEXAR

Información importante para as persoas que teñan que solicitar a renovacion do carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios. |
Solicitude: |
Máis información na seguinte ligazón: