|
Escrito por Jose Manuel
|
|
Venres 15 de Xaneiro de 2010 07:49 |
|
PROGRAMA DE FORMACIÓN CONTÍNUA NO AGRO GALEGO 2010 CURSO DE VITICULTURA: (60 horas) PROGRAMA DO CURSO: 1ª PARTE: A VIDE: - A vide, as estacións e os traballos
- Ciclo vexetativo.
- Ciclo reproductor
- Variedades.
- Portainxertos.
- Mellora varietal e ampelografía práctica.
- Multiplicación da vide.
2ª PARTE: ESTABLECEMENTO DO VIÑEDO: - Observar, evaluar e acondicionar o terreno.
- Razonar as alternativas técnicas.
- Realizar a plantación e entitorado.
3ª PARTE: CONDUCIÓN E PROTECIÓN DO VIÑEDO: - Fundamentos e prácticas do mantemento do solo.
- Planificar e levar a cabo a fertilización e protección do viñedo.
- Razonar e practicar a poda.
- Razonar e realizar as operacións en verde.
- Fundamentos e organización da recoleción.
| Cubertas as prazas para o curso de Viticultura encadrado no programa de formación contínua no agro galego 2010. De estar interesada/o na realización do curso, envíenos os datos de contacto cubrindo este formulario, e avisarémola/o para vindeiras edicións do mesmo. Descargue aquí o tríptico do curso | A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos a acadar é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas de viñedo principalmente adaptado á comarca que abrangue os viños da Terra de Betanzos. Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter discontínuo, comprendendo dito período dende o mes de febreiro ata remates do mes de setembro ou primeiros de outubro, coincidindo coa colleita da uva. Para a execución práctica de todas estas operacións o Centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantarase unha nova finca dende a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executaremos o programa de xeito coordinado coas actividades a realizar nas fincas experimentais. Actividades a desenvolver máis destacadas: Demostracións: de implantación, de poda, de entitorado, de laboreo, tratamentos fitosanitarios, de colleita, de multiplicación mediante inxerta. Outras actividades: ao final do curso realizarase unha visita a fincas da comarca de Betanzos e outras comarcas acollidas a indicación xeográfica. Horario do curso: O horario será en xornada de tarde, prioritariamente de 17:00 a 20:00 horas, durante a semana laboral, aínda que poida ter lugar algunha práctica durante a fin de semana. Calendario: Terá carácter discontínuo. Tense previsto comenzar o curso na primeira quincena de febreiro para a execución práctica de poda e de preparación e acondicionamento de finca para implantación. | |
|
|
Última actualización ( Xoves 04 de Febreiro de 2010 13:18 )
|