|
Escrito por Jose Manuel
|
|
Martes 19 de Xaneiro de 2010 09:44 |
|
CURSO: BASES TÉCNICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA FRUTICULTURA EN GALICIA (60 horas – 25 prazas) PROGRAMA DO CURSO: PRIMEIRO MÓDULO: PODA: · Morfoloxía e fisioloxía da árbore froiteira. · Ferramentas e utensilios de poda. · Xeneralidades sobre a poda. · Poda de froiteiras de carambulla e pebita. · Poda do kiwi e pequenos froitos. SEGUNDO MÓDULO: · Sistemas de propagación máis usuais en fruticultura. · Técnicas de plantación, mantemento e protección. TERCEIRO MÓDULO: · Principais alternativas frutícolas para Galicia. · Recollida e conservación dos froitos. · Comercialización dos froitos | Cubertas as prazas para o curso de bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia encadrado no programa de formación contínua no agro galego 2010.
De estar interesada/o na realización do curso, envíenos os datos de contacto cubrindo este formulario, e avisarémola/o para vindeiras edicións do mesmo.
Descargue aquí o triptico do curso |
A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos a acadar é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica. Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter discontínuo, comprendendo dito período dende o mes de febreiro ata remates do mes de setembro ou primeiros de outubro, coincidindo coa colleita da froita. Para a execución práctica de todas estas operacións o Centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantarase unha nova finca dende a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executaremos o programa de xeito coordinado coas actividades a realizar nas fincas experimentais. Actividades a desenvolver máis destacadas: Demostracións: de implantación, de poda, de entitorado, de laboreo, tratamentos fitosanitarios, de colleita, de multiplicación mediante inxerta. Outras actividades: realizaranse visitas a diferentes explotacións frutícolas galegas. Horario do curso: O horario será en xornada de tarde, prioritariamente de 17:00 a 20:00 horas, durante a semana laboral, aínda que poida ter lugar algunha práctica durante a fin de semana. Calendario: Terá carácter discontínuo. Tense previsto comenzar o curso na primeira quincena de febreiro para a execución práctica de poda e de preparación e acondicionamento de finca para implantación. |
|
|
Última actualización ( Luns 01 de Marzo de 2010 08:34 )
|