CFEA

Programa de Formación Agroforestal 2010 no CFEA de Guísamo PDF Imprimir Enviar
Escrito por Jose Manuel   
Martes 11 de Maio de 2010 12:49

A Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais aprobou o Plan de Formación Contínua para o Agro Galego 2010.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo presenta o seu catálogo de cursos para este ano.

Tamén pode descargar o Programa de Formación Agroforestal 2010 no CFEA de Guísamo en formato PDF.

Para participar nos cursos debe enviar o impreso de solicitude (DOC) cuberto ao noso enderezo electrónico: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo , ou ben por fax ao número 881881044, ou ben presentalo persoalmente na secretaría do centro.

 

OBXECTIVOS:

O obxectivo principal é o desenvolvemento de accións relativas á mellora da capacitación profesional das persoas que traballen nos sectores agrogandeiro, alimentario e forestal galego, incluída a divulgación de coñecementos científicos e prácticas innovadoras.

Os cambios económicos, tecnolóxicos e ambientais dan lugar á necesidade de novas cualificacións para todas as persoas implicadas en actividades agroforestais e agroalimentarias. Para obter estas novas habilidades é necesario ofrecer actividades xerais, técnicas e económicas de formación non regulada. Canto máis alto sexa o nivel de coñecemento dos agricultores e empresarios do sector agrario, máis alta será a súa produtividade laboral, e axudará a manter ou aumentar a competitividade das explotacións agrícolas e silvícolas, servindo para adecuar, por outra banda, a oferta á demanda do mercado de traballo en actividades relacionadas co medio rural galego no seu conxunto.

A capacitación profesional dos agricultores, en particular daqueles profesionais que se incorporan por primeira vez á actividade agraria, debe servir tamén para mellorar as súas condicións de vida, frear o éxodo rural e asegurar a substitución xeracional no medio rural. Así mesmo debe servir para que a actividade produtiva sexa compatible e respectuosa co medio natural e para que os agricultores, ademais de contar con coñecementos técnicos, se doten dunha formación económica que lles permita xestionar eficientemente as explotacións.

Polo que respecta ao sector forestal, faise necesario mellorar e racionalizar o aproveitamento dos recursos forestais a través do aumento do coñecemento e da formación dos seus propietarios ou xestores.

En definitiva, trátase de fomentar a capacitación dos traballadores dos sectores agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións, no emprego de métodos produtivos respectuosos coa conservación e protección do medio natural. Mediante estas accións quérese incidir de forma especial na formación dos agricultores que se incorporan á empresa agraria para que se integren no sector cun nivel suficiente de cualificación.

 

RELACIÓN DE CURSOS

 

APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS: NIVEL BÁSICO (2 edicións) (2010.C001 e 2010.C002) (Actualizado)

APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS: NIVEL CUALIFICADO (2010.C003)

CURSO DE APTITUDE EMPRESARIAL AGRARIA –CULTIVOS INTENSIVOS (2010.C004)

BENESTAR ANIMAL. CONDUCTORES/AS E COIDADORES/AS(2010.C005) (Actualizado: Listaxe de admitidos)

ACTIVIDADES DE USO PÚBLICO E PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL (2010.C006) (PRAZAS ESGOTADAS)

AGRICULTURA ECOLOXICA (2010.C007)

ARBORICULTURA (2010.C008) (Actualizado)

DESEÑO DE XARDÍNS (2010.C009)

DESEÑO E EXECUCIÓN DE CERRAMENTOS AGRÍCOLAS (2010.C010)

ECONOMÍA BÁSICA APLICADA Á PEQUENA EMPRESA AGRARIA 2010.C011)

ENOLOXÍA (2010.C012)

INSPECCIÓN DE EQUIPOS DE APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS. PERSOAL RESPONSÁBEL DA UNIDADE DE INSPECCIÓN(2010.C014)

MANEXO E MANTEMENTO DE MAQUINARIA DE XARDÍN (2010.C015)

MANEXO, MANTEMENTO E SEGURIDADE NO USO DA MOTOSERRA (2010.C016)

CATA DE VIÑOS (2010.C017)

ELABORACIÓN DE SIDRA (2010.C018)

REGA DE ÁREAS VERDES (2010.C019)

SILVICULTURA DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS (2010.C020).

TRATAMENTO DA VEXETACIÓN EN NÚCLEOS, VIAS DE COMUNICACIÓN E INFRAESTRUTURAS (2010.C021)

UTILIZACIÓN DE RECURSOS PATRIMONIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL (2010.C022) (Actualizado: Datas e horario)

XORNADA TÉCNICA: BOAS PRÁCTICAS FITOSANITARIAS: INTERPRETACIÓN DE ETIQUETAS E FICHAS DE DATOS DE SEGURIDADE. (2 edicións) (2010.XC01 e 2010.XC02)

XORNADA TECNICA: VITICULTURA E ENOLOXIA NO NORTE DE GALICIA ( VIÑOS DA TERRA DE BETANZOS) E CORNISA CANTÁBRICA (2010.XC03)

 

Última actualización ( Luns 28 de Xuño de 2010 08:42 )
 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack