O día 17 de xuño de 2010 celebrouse no CFEA de Guísamo unha Xornada Técnica co título VITICULTURA E ENOLOXÍA NO NORTE DE GALICIA (VIÑOS DA TERRA DE BETANZOS) E CORNISA CANTÁBRICA, encadrada no Plan de Formación Agroforestal para o Agro Galego 2010 aprobada pola Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, co seguinte programa. Esta proposta persegue a activación da participación e a iniciativa social no desenvolvemento do sector vitivinícola, como parte substancial dun proceso de desenvolvemento rural na área delimitada polo calificativo “Viño da Terra de Betanzos”, no que a aplicación das novas tecnoloxías en viticultura e enoloxía se refieren. Coñecer mellor a realidade da produción vitivinícola do “Viño da Terra de Betanzos”, conscientes de que aglutinando os axentes claves ó redor dun proxecto común (viticultores, adegueiros, administracións, técnicos, etc.), a mellora desta produción vitivinícola podería xenerar máis riqueza e emprego, así como dar un mellor aproveitamento a terreos e parcelas subexplotadas. Dar a coñecer ós viticultores e adegueiros de Betanzos así como técnicos e comerciais as realidades doutras denominacións de viños de calidade da cornisa cantábrica; estas denominacións teñen aspectos en común cos viños da terra de Betanzos dadas a súa situación xeográfica , tendo traballos importantes no eido varietal así como técnicas enolóxicas e de viticultura que poden supoñer unha transferencia tecnolóxica importante para as mesmas. |
|
PROGRAMA DA XORNADA TÉCNICA 09:30 Recepción .09:45 Inauguración da xornada técnica: Dª. Alejandra Álvarez de Mon Rego. Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais – Consellería do Medio Rural - Xunta de Galicia. 10:00 A Viticultura Atlántica: Galicia (Viños da Terra de Betanzos) e Asturias. D. José Luis Hernáez Mañas. 11:00 Situación e técnicas de producción na denominación Viños da Terra de Cantabria. Dª. María Gutiérrez. Técnica CIFA – Consejería de Desarrollo Rural, Ganadería, Pesca y Biodiversidad. Gobierno de Cantabria. 12:00 Descanso. Café. 12:30 Situación, evolución e perspectivas da D.O. de Euskadi: Bizkaiko Txacolina. (parte 1) (parte 2) D. Ramón Amenabar Arzuaga. Investigador das áreas de calidade e composición da vide e do viño e material vexetal. Servizo Agrícola. Diputación Foral de Bizkaia. ENO. 13:30 Visita á finca “Proxecto: influencia do portainxerto e do sistema de conducción no comportamento agronómico e enolóxico das variedades “Branco Lexítimo” e “Agudelo”. Supervisor científico Dr. D. Ignacio Orriols Fernández. Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) – Xunta de Galicia.D. Xosé Antonio Meixide Fernández. Profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo – Consellería do Medio Rural – Xunta de Galicia.D. Luis Quinteiro González. Colaborador técnico. Enxeñeiro Técnico Agrícola. 14:30 Comida. 16:00 Estado actual e desarrollo da viticultura no Principado de Asturias. Dª. María Dolores Loureiro Rodríguez. Responsable de investigación no viño de calidade de Cangas (Asturias). SERIDA. 17:00 Vinte anos de estudos sobre a viticultura asturiana e as suas castes. Perspectivas de futuro. Dr. José Luis Santiago Blanco. Científico Titular da Misión Biolóxica de Galicia. Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). 18:00 Descanso. Café.18:15 Estudo das variedades “Branco Lexítimo” e “Agudelo” en Betanzos. Un exemplo de colaboración entre institucións públicas e privadas (Fundación Juana de Vega) en beneficio dunha comarca.Dra. Dª. María del Carmen Martínez Rodríguez. Investigadora científica responsable do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia – Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).Dr. D. Ignacio Orriols Fernández. Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) – Xunta de Galicia. 20:00 Clausura. D. Enrique Luis de Salvador Sánchez. Xefe Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural – Xunta de Galicia. 20:30 Cata comentada de viños das diferentes denominacións de calidade coordinada por Luis Paadín. Presidente da Asociación Galega de Catadores. 
|