Image1\ Image2\
 

 

 

cursoviti

 

 

 


  Celebrarase no CFEA de Guísamo un curso de Viticultura e Enoloxía en colaboración coa Fundación Juana de Vega.


    Para consultar o programa do curso e obter o impreso de admisión prema na seguinte ligazón da Fundación Juana de Vega. 




Ligazóns







 

 

 



 

   

Acceso


By PLAVEB
 

Inicio

 

 

  Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo depende da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

 

 O seu obxectivo é respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural. 

 

  A formación que se imparte no CFEA de Guísamo axústase ás características da súa zona de influencia e basease nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental, potenciando deste xeito o aproveitamento dos recursos do lugar.

 arbol escola 

 


  

 qr img

 O proxecto “Herbario dixital das especies ornamentais do CFEA de Guísamo” presentado polo CFEA de Guísamo foi seleccionado para participar no VI Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña “Espazos para conservar · Defendamos o noso patrimonio natural” organizado polo CEIDA.

Este proxecto será realizado polos alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural.

 

 


PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS 

 

2011-12-07 11.25.37

O reto de converter  a aula nun espazo dinámico, reflexivo e xerador de coñecemento é algo inherente a unha boa práctica docente. Na procura constante de ferramentas que permitan acadar tal realidade atópanse diversidade de recursos. Un deles, a súa aplicación e resultados obtidos, é do que trata a experiencia no CFEA de Guísamo, desenvolvida cos alumnos e alumnas do 2º curso de GM de Xardinaría, no contexto do módulo de Organización e Xestión dunha Empresa Familiar Agraria, e concretamente referida ao contido da PAC (Política Agraria Comunitaria). O rexistro da actividade fíxose a través de fotografías e un vídeo, nos que se recolle a experiencia Aplicando a técnica de Mapas Mentais para aprender sobre a PAC


 

Proxecto "SiempreFP"

       O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo participou xunto con outros 95 centros de Formación Profesional na xornada de lanzamento do proxecto "SiempreFP" que coordina a Universidade Politécnica de Valencia e que ten como obxectivo implantar un sistema de innovación orientada polas persoas nos centros de Formación Profesional e o seu entorno empresarial.

Máis información sobre esta Xornada.

Comparte este artigo

 

Novas da Consellería de Educación

Novas da Consellería de Medio Rural - Formación

 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com