O 27 de abril de 2011 celebrouse nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo a II Cata de viño Branco Lexítimo da colleita do 2010.
Na mesma catáronse 7 viños da "Terra de Betanzos" da colleita do 2010 (5 brancos e 3 tintos), que foron os seguintes:
Brancos:
castro de Untía (ADEGAS Rilo)- caste Godello
Ribeiras de Arnea (Adegas BEADE S.L.) - caste Godello
Viño branco (Adegas BEADE S.L.) - caste Branco Lexítimo
Viño branco (CFEA Guisamo) - caste Godello-Agudelo
Viño branco (CFEA Guisamo) - caste Branco Lexitimo
Tintos:
Ladeiras de Paderne (Adegas BEADE S.L.) - caste Mencía
Codeseira (Viño da Terra de Betanzos)- caste Mencía
Tinto experimental (CFEA Guisamo) - caste Mencía
Hai que suliñar a progresiva evolución que están a experimentar os diferentes viños presentados grazas en gran medida ao traballo que están a levar a cabo os adegueiros, tanto en campo como nas adegas.
A cata foi comentada por D. Luís L. Paadín-presidente da Asociación Galega de Catadores o cal respostou as diversas cuestións que foron de interese entre os participantes, entre as cales podemos destacar:
- (Participante) ¿Que estratexia deberían seguir os viños de Betanzos para gañar espazo no mercado?
- (D Luís L. Paadín) A única alternativa é a de seguir traballando o rigor, tanto na produción de uva como na súa posterior transformación na adega, para lograr unha diferenciación nun mercado tan competitivo como o actual.
Especiales agradecementos aos nosos colaboradores:
Adegas BEADE S.L.
Diego Carneiro
Adegas RILO





