Acceso

Síguenos en...

facebook logo

Ligazóns





Datos da estación metereolóxica situada no CFEA de Guísamo



 

 

O mércores 29 de xuño de 2011 celebrouse nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo unha xornada técnica sobre Técnicas vitivinícolas de interese para as castes Branco Lexítimo e Agudelo na indicación xeográfica "Viños da Terra de Betanzos"

 

 

 

A Xornada comenzou, logo da recepción dos participantes, coa inauguración da mesma a cargo de Dona Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural.

  










 

 

 


De seguido interviñeron:

D. José Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega coa ponencia: Recoñecemento oficial das castes de vide autóctonas: Branco Lexítimo e Agudelo. O labor da Fundación Juana de Vega.

 



  

Dona Xoana Varela Auber, xefa de sección da Oficina Agraria Comarcal de Betanzos:  A reestructuración e reconversión varietal das castes autóctonas Branco Lexítimo e Agudelo na Denominación Viños da Terra de Betanzos.








D. Germán Crespo Miramontes, xefe de servizo de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias: Breves apuntes sobre etiquetado dos viños acollidos á denominación "Viños da Terra de Betanzos". 







D. Francisco José Rego Martínez, xefe de sección de Viticultura: Branco Lexítimo: sinonimias e distribución xeográfica.








D. Xosé Antonio Meixide Fernández, profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo fixo a continuación unha breve referencia aos proxectos:  

  • Acción de transferencia de tecnoloxía agroforestal 2009 (09/19): Influenza do portainxerto e do sistema de condución no comportamento agronómico e enolóxico das variedades Branco Lexítimo e Agudelo.
  • Proxecto FEADER 2010/07, Adega Ponte da Boga SL. Estudo comparativo da aptitude agronómica e enolóxica da variedade de uva Branco Lexítimo e optimización do seu cultivo.



E profesores e técnicos colaboradores expuxeron as técnicas vitivinícolas desenvoltas no CFEA:

a) técnicas de preparación e acondicionamento do solo de forma lineal mediantes mínimo laboreo.

b) técnicas de implantación.

c) técnicas de empalizada en estrutura de madeira.

 

 

d) Técnicas de mantemento do solo, encespado natural entre liñas e aplicacion de diferentes herbicidas na liña de implantación.

e) Técnicas vitícolas experimentais das castes Branco Lexítimo e Agudelo.

f) Técnicas fitosanitarias das castes Branco Lexítimo e Agudelo.

 


g) exposición da colección de material vexetal de vides de interese para o seu estudo comparativo na comarca “Viños da Terra de Betanzos”.




 

Pechouse a mañán cunha degustación e exaltación de produtos da Comarca de Betanzos producidos na explotación do CFEA (viños, sidra, produtos hortícolas) e preparados polos colaboradores do IES Paseo das Pontes da Coruña.

     

               

    

 



     
               

    


Comenzaron as actividades de tarde cunha demostración en campo experimental de acondicionamento lineal do solo e implantación con colocación de espaldeira e rega.

 

demostracin en campo 2

Demostracin en campo 3


 

 

Logo da visita á adega experimental do CFEA de Guísamo, D. Xosé Antonio Meixide Fernández e D. Luis Quinteiro González fixeron unha breve referencia das técnicas enolóxicas desenvoltas no CFEA de Guísamo e máis das cnicas de elaboración do viño Branco Lexítimo e Agudelo.


Finalizou a xornada cunha Cata de viños da denominación "Viños da Terra de Betanzos" e viños elaborados na adega experimental do CFEA de Guísamo dirixida por D. Marcial Pita, secretario xeral da "Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino".


  

 

 

 

Reportaxe dos servizos informativos da TVG sobre o acontecido na Xornada.

 

 

 

 

Artigos divulgativos de transferencia tecnolóxica.

Consellería do Medio Rural.


Publicacións.

Consellería do Medio Rural.

 

 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com