Neste día, xa no CFEA, na primeira parte da clase os alumnos do curso realizaron unha prantación de cepas da variedade Branco Lexítimo sobre patrón de 101-14, previamente recepcionada, realizando os cortes correspondentes de raíz. O sistema de implantación realizouse sobre o terreo preparado previamente con dous meses de antelación, acondicionado de forma lineal mediante pase de subsolador e aplicación de herbicida na liña de plantación. Para isto empregouse a prantadora acoplada a tractor, adubo mineral, palas e azadas.

28 29 30 31 32 33 

 

 

Neste caso o que se fixo foi continuar a plantación xa existente, pero explicouse como facer un replanteo sobre o terreo se nos atopásemos no caso de novas plantacións.

Xa nunha segunda parte da clase ademais de darse a coñecer os distintos estados fenolóxicos do cultivo da vide, puxéronse en práctica os coñecementos adquiridos na clase anterior dedicada os coñecementos teóricos da poda en verde, realizando cada grupo de alumnos o despampanado e deschuponado ou espergurado das prantas asignadas o inicio do curso, recordamos que eran cepas de un, 2 ou máis anos.

Esta xornada do curso que tivo lugar na Fundación Juana de Vega estivo adicada ó coñecemento teórico dos fundamentos necesarios para realizar a poda en verde correspondente ó período de actividade vexetativa en que se encontran as vides da finca experimental do CFEA, para así, poder complementar a poda de inverno realizada no mes de febreiro.

 

Foron expostas as distintas actividades a levar a cabo no ciclo vexetativo, dende o desborre ata o posible aclareo de froitos: despampanamentos, deschuponados ou espergurados, pinzamentos, desfollado, clareo dos froitos etc,. sempre tendo en conta a morfoloxía das distintas variedades na diferentes estacións, analizando particularmente as pertencentes a zoa clima atlántico, idade das cepas e tipo de poda practicada. 

 

15 16 

18       17

19       20

21

Neste día de curso, aínda que estivera programado para xornadas posteriores, observouse o avanzado estado fenolóxico das distintas variedades que existen no campo experimental do CFEA, debido as excepcionais condicións meteorolóxicas de seca e temperaturas elevadas que está a vivir o pais, isto conleva o ter que adiantar moitas das prácticas que se veñen facendo como poden ser comezar a tratar algunhas das cepas contra a excoriose ou ter que comezar xa coa poda en verde.


Observadas estas características excepcionais do cultivo, comezouse co tema a tratar neste día, o da instalación da empalizada. Explicáronse as distintas misións que posúe o sistema de empalizamento, a influencia que ten tanto sobre a fisioloxía da propia vide como sobre a súa produción final e calidade do produto obtido, ademais dos distintos tipos de empalizamento adaptados ás diferentes castes que se están a traballar no campo experimental do CFEA.
Amosouse e explicouse a utilidade dos distintos tipos de materiais empregados para a construción do sistema de espaldeira da finca experimental, comezando polos distintos tipos de postes, arames de formación e vexetación, ancoraxes, tipos de tensores, amarres etc,..Ademais levouse a cabo unha pequena demostración de como se fan as ancoraxes dos postes cabeceiros dunha fila de cepas.

9 8 31 2   4 6 5 7   14 1112 1310    

Xa nunha segunda parte máis teórica, os coordenadores do curso fixeron varios supostos para o cálculo do custo que nos suporía unha instalación de empalizada dunha finca de 1 ha de superficie utilizando diferentes tipos de materiais, entre eles están a madeira o ferro galvanizado e o aceiro inoxidable.

 

explicacion en campo das fases para preparacion do terreo en linas asi como o seu posterior trasplante
preparacion previa do terreo mediante linas para posterior implantacionNesta xornada do curso a parte práctica consistiu nos diferentes traballos a realizar no solo para o do cultivo da vide, viuse como se faría unha preparación total do terreo, como se realiza no CFEA so nas liñas e explicáronse outros modelos empregados noutras comunidades ou mesmo noutros cultivos como é o de preparación por puntos.



adaptacion para trasplante de planta a raiz nua

Víronse os distintos apeiros empregados para a preparación do solo como poden ser a desbouzadora de martelos, despedregadora, fresadora, empregada nas preparacións totais do terreo, comentouse o labor do arado de vertedeira, grade de discos, subsolador, prantadoras de diferentes tipos etc,.





practica de enxerta en taller e producion de planta en contedorHoubo tempo para explicar como se realiza a enxerta en taller do patrón ca variedade de vide, xunto cos aparellos e materiais que se utilizan para realizala, así como a produción de pranta en diferentes contedores para a conservación varietal así como a reposición de marras.

Nunha segunda parte da xornada, xa na aula, emitiuse o vídeo realizado polo CFEA de “Tipos de Plantación” exposto na Xornada "Técnicas vitivinícolas de interese para as castes Branco Lexítimo e Agudelo na indicación xeográfica "Viños da Terra de Betanzos"  que tivo lugar no Centro o pasado mes de xuño, no cal se expoñen os distintos traballos realizados na plantación do viñedo do Centro, dende a corta das árbores existentes, pasando polos tratamentos de herbicidas a tocóns, desbouzados, preparación das liñas etc,. Todos os pasos emitidos foron explicados polos coordinadores do curso.


 

Técnicas vitivinícolas de interese para as castes Branco Lexítimo e Agudelo na indicación xeográfica "Viños da Terra de Betanzos"



Explicouse ademais cómo preparar o terreo noutros  supostos que se dan á hora de realizar unha plantación de viñedo, como é a planificación dos camiños de acceso, adaptación da maquinaria o tipo de terreo, orientación, densidades de plantación, distancias entre liñas, etc.

 

Poda corta en Cordon doble (sistema Lira)

     Neste terceiro día de clase seguimos coa práctica de poda recordando as xeneralidades da poda de formación e profundizando xa na fase da poda en seco de produción, diferenciando entre poda corta sobre cordón, poda mixta e poda longa, valorando todas as posibilidades para obter o equilibrio e lograr unha planta sa e equilibrada, buscando a correcta formación e o equilibrio entre a futura vexetación e frutificación.

   



Poda de formacion en planta de 1 ano

     A cada parella de alumnos adxudicáronselle cepas de entre 1 e 2 anos, así como cepas adultas de 15 ou máis anos, das cales deberán ter conta, adestrándose así na práctica da poda e manténdoas co fin de obter o final do curso unha visión global da evolución da planta e de si o  mantemento dado foi o correcto.

   




Poda de formación Cordon

Detalle formacion poda mixta Guyot 2 ano



Ferramenta poda

     A continuación en aula explicouse os diferentes materiais e ferramentas empregados para proceder a unha poda e atado axeitados, adaptando os diferentes medios a cada fase do cultivo, xunto coas medidas de seguridade que debemos de tomar para o seu correcto funcionamento, ademais da roupa de traballo que debemos de empregar en condicións desfavorables.

 



Ferramentas e utensilios para o atado


-----

-----

 


 

 

 
 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com