Os alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural do curso 2011-2012 , dentro dos módulos de Botánica Agronómica e Conservación de Xardíns e Céspedes Deportivos,  inician a elaboración dun herbario dixital das especies ornamentais do CFEA de Guísamo que foi presentado ao VI Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino da Coruña "Espazos para conservar, defendamos o noso patrimonio natural" organizado polo CEIDA.

 

A continuación relacionamos os enlaces dispoñibles ata este momento das fichas elaboradas polos alumnos.

 

Acacia melanoxylon acacia melanoxylon
Acer palmatum acer palmatum
Araucaria araucana araucaria araucana

sfp

Os días 26 e 27 de abril asistimos á II Sesión formativa presencial do proxecto SiempreFP. Nesta ocasión levouse a cabo no Centro Municipal de Empresas de A Coruña, tivemos a oportunidade de levar á práctica a formación recibida en técnicas IOP (Innovación Orientada polas Persoas) e de coñecer o deseño da plataforma TIC e a proposta de dinamización da rede de innovación, obxectivo do proxecto.

imgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimg



 

DSC04050Os alumnos dos Ciclos Formativos Medio de Xardinaria e Superior de Paisaxismo e Medio Rural realizaron unha visita guiada polos xardíns e instalación do pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia. Aquí poideron observar, entre outras cousas, a súa colección de máis de 1400 variedades de Camelia, e máis a súa recente plantación de camelia para té.

DSC04059








DSC04055













160320122373

 

O 29 de febreiro de 2012 os alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural e do Ciclo Medio de Xardinaría do CFEA de Guísamo realizaron unha práctica consistente na tala con cesta de Cupressus á beira da N-VI.

 

 

Os alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural fixeron unha visita guiada, polo xefe de restauración e Medio Ambiente da empresa Endesa Generación, SA, ao lago e a escombreira exterior da mina nas Pontes de García Rodríguez, para ver in situ as labores de restauración da escombreira e a rehabilitación do Oco Mineiro.

 

200120122296

 

 
 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com