Ciclo formativo de Grao Medio de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.
REQUISITOS
Acceso directo:
Para poder cursar estudios de ciclos formativos de grao medio débese cumprir algún dos requisitos seguintes:
Posuír o título de graduado en educación secundaria.
Posuír o título de técnico auxiliar.
Posuír o título de técnico.
Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP).
Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
Ter superado o segundo curso do plan experimental.
Ter superados outros estudios declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
Proba de acceso: a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, convoca probas de acceso aos ciclos formativos para as persoas que non acadaran a formación esixida para o acceso directo.
MÓDULOS
1º curso
Fundamentos agronómicos.
Taller e equipamentos de tracción.
Infraestruturas e instalacións agrícolas.
Principios de sanidade vexetal.
Implantación de xardíns e zonas verdes.
Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro.
Formación e orientación laboral.
2º curso
Control fitosanitario.
Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes.
Composicións florais e con plantas.
Establecementos de floraría.
Técnicas de venda en xardinaría e floraría.
Empresa e iniciativa emprendedora.
Formación en centros de traballo (FCT).
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN
Técnico/a en Xardinaría e Floraría
PERFIL PROFESIONAL
Traballador/a de hortas, viveiros e xardíns.
Xardineiro/a, en xeral.
Xardineiro/a coidador/a de campos de deporte.
Traballador/a de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos.
Traballador/a cualificado por conta propia en empresa de xardinaría.
Viveirista.
Traballador/a especialista en colleita de sementes e froitos en altura.
Traballador/a cualificado en produción de sementes.
Enxertador/a.
Florista por conta propia ou allea.
Oficial de floristaría.
Vendedor/a de floristaría.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.
Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.
Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.




