Ciclo formativo de Grao Superior de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
Folleto do CS de paisaxismo e medio rural
REQUISITOS
Acceso directo:
Para poder cursar estudios de ciclos formativos de grao superior débese cumprir algún dos requisitos seguintes:
Posuír o título de Bacharelato.
Ter superado o segundo ciclo da reforma das ensinanzas medias (REM).
Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
Posuír o título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
Posuír unha titulación universitaria ou equivalente.
Proba de acceso: a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, convoca probas de acceso aos ciclos formativos para as persoas que non acadaran a formación esixida para o acceso directo.
Nesta proba de acceso, a persoa aspirante deberá acreditar os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas.
Poden concorrer ás probas:
a) Aquelas persoas que teñan cumpridos 19 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas.
b) Aquelas persoas que cumpran ou teñan cumpridos 18 anos de idade no ano natural de celebración da proba e estén en posesión do título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta.
MÓDULOS
1º curso
Botánica agronómica.
Xestión e organización do viveiro.
Fitopatoloxía.
Topografía agraria.
Maquinaria e instalacións agroforestais.
Conservación de xardíns e céspedes deportivos.
Formación e orientación laboral.
2º curso
Planificación de cultivos.
Xestión de cultivos.
Deseño de xardíns e restauración da paisaxe.
Empresa e iniciativa emprendedora.
Proxecto de paisaxismo e medio rural.
Formación en centros de traballo.
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 26 correspondentes ao Proxecto de Paisaxismo e Medio Rural e 384 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN
Técnico/a Superior de Paisaxismo e Medio Rural.
PERFIL PROFESIONAL
Deseñador/a de zonas axardinadas que non requiran a redación dun proxecto.
Encargado/a da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas.
Encargado/a de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas e medio natural).
Traballador/a por conta propia en empresa de xardinaría e restauración da paisaxe.
Encargado/a de obras de xardinaría e restauración da paisaxe.
Encargado/a de podas e operacións de cirurxía arbórea.
Encargado/a ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral.
Encargado/a de viveiros en xeral , tanto convencionais coma ecolóxicos.
Encargado/a de propagación de plantas en viveiro.
Encargado/a de cultivo de plantas en viveiro.
Encargado/a de colleita de sementes e froitos en altura.
Encargado/a de produción de sementes e terróns de céspede.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Exercer a actividade na área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.
Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.




