By PLAVEB
 


2011-11-30 13.21.19Todos os recursos que potencien unha aprendizaxe activa son benvidos á hora de facerlle fronte ao labor educativo. Sen embargo, calquera ferramenta ou técnica precisa dun contexto, dun tempo e dun espazo para que sexa efectiva. Coñecer o grupo e as persoas que o conforman, crear as condicións para que se dea un proceso de participación e xerar un clima propicio e distendido, tamén fai parte do resultado final da experiencia, na que cada persoa aportou, dende a súa propia singularidade, á construción dun coñecemento específico que cobrou maior relevancia na dimensión colectiva do traballo feito.

 


Temos unha situación de partida, por unha banda, o alumnado de 2º curso de CM de Xardinaría, un grupo consolidado e cunha dinámica relacional fluída; pola outra, a necesidade de tratar un determinado contido para  dotar de contexto e acadar un desenvolvemento coherente do módulo de Organización e Xestión dunha Empresa Familiar Agraria (extinto a partires do vindeiro curso 2012-2013) trátase da Política Agrícola Comunitaria PAC.

2011-11-30 13.19.12A premisa formulada é que para acadar unha comprensión efectiva do tema en cuestión  hai que xestionar grandes cantidades de información, o que marca a pauta en canto ás técnicas e estratexias a utilizar de cara a consecución do obxectivo marcado. As características e heteroxeneidade do grupo demandaron unha estratexia de traballo que se desenvolveu en dúas fases, unha primeira de achegamento á técnica do mapa mental acompañada dun exercicio individual,  e unha segunda na que se empregaron diversas técnicas de traballo en grupo, conservando como eixo central a técnica dos mapas mentais.

 

Na primeira fase, despois dunha clase explicativa sobre mapas mentais, os alumnos e alumnas tiveron como consigna de traballo individual, a realización dun mapa mental de sí mesmos; o fundamento da consigna é que a información  máis doada de tratar é sobre a propia persoa, así que, antes de pasar a un nivel máis complexo, tiñamos que vivir a experiencia de xestionar a nosa propia información a través da elaboración dun mapa mental.

2011-12-07 10.11.28Na segunda fase, se conformaron  tres grupos de traballo, levouse a cabo unha revisión do material bibliográfico específico sobre a PAC, definíronse tres eixos temáticos, realizáronse traballos en grupo por subtemas, sesións de posta en común, e cada grupo elaborou o mapa mental correspondente a o eixo temático escollido. Na sesión final presentáronse os tres mapas resultantes seguida dun amplo debate con participación, ademais, de profesorado doutros módulos.

Na experiencia salienta o proceso desenvolvido tanto coma os resultados acadados. Un aspecto interesante da aplicación da técnica de mapas mentais o constitúe o feito de partir- na primeira fase- da información persoal ata chegar  ao traballo colectivo arredor dun tema especificamente académico, ao longo do desenvolvemento das actividades propostas o nivel de participación e a actitude foi en aumento, acadando o punto máis significativo na derradeira posta en común e sesión de debate e conclusións.


 

 


 

 

imgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimgimg




Comparte este artigo

 
 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com