Acceso

By PLAVEB
 

A Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais ven de aprobar o 

Programa de Formación Contínua Agroforestal 2011.

Pode consultar nesta ligazón a relación de cursos aprobados.

Formulario de solicitude (.doc)


 

O obxectivo principal é o desenvolvemento de accións relativas á mellora da capacitación profesional das persoas que traballen nos sectores agrogandeiro, alimentario e forestal galego, incluída a divulgación de coñecementos científicos e prácticas innovadoras.

Os cambios económicos, tecnolóxicos e ambientais dan lugar á necesidade de novas cualificacións para todas as persoas implicadas en actividades agroforestais e agroalimentarias. Para obter estas novas habilidades é necesario ofrecer actividades xerais, técnicas e económicas de formación non regulada. Canto máis alto sexa o nivel de coñecemento dos agricultores e empresarios do sector agrario, máis alta será a súa produtividade laboral, e axudará a manter ou aumentar a competitividade das explotacións agrícolas e silvícolas, servindo para adecuar, por outra banda, a oferta á demanda do mercado de traballo en actividades relacionadas co medio rural galego no seu conxunto.

A capacitación profesional dos agricultores, en particular daqueles profesionais que se incorporan por primeira vez á actividade agraria, debe servir tamén para mellorar as súas condicións de vida, frear o éxodo rural e asegurar a substitución xeracional no medio rural. Así mesmo debe servir para que a actividade produtiva sexa compatible e respectuosa co medio natural e para que os agricultores, ademais de contar con coñecementos técnicos, se doten dunha formación económica que lles permita xestionar eficientemente as explotacións.

Polo que respecta ao sector forestal, faise necesario mellorar e racionalizar o aproveitamento dos recursos forestais a través do aumento do coñecemento e da formación dos seus propietarios ou xestores.

En definitiva, trátase de fomentar a capacitación dos traballadores dos sectores agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións, no emprego de métodos produtivos respectuosos coa conservación e protección do medio natural. Mediante estas accións quérese incidir de forma especial na formación dos agricultores que se incorporan á empresa agraria para que se integren no sector cun nivel suficiente de cualificación.

 

Calendario Formación Contínua

loader

 

 

Artigos divulgativos de transferencia tecnolóxica.

Consellería do Medio Rural.


Publicacións.

Consellería do Medio Rural.

 

 
 
 
 

Joomla Templates by Joomla51.com