Os alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural fixeron unha visita guiada, polo xefe de restauración e Medio Ambiente da empresa Endesa Generación, SA, ao lago e a escombreira exterior da mina nas Pontes de García Rodríguez, para ver in situ as labores de restauración da escombreira e a rehabilitación do Oco Mineiro.




Todos os recursos que potencien unha aprendizaxe activa son benvidos á hora de facerlle fronte ao labor educativo. Sen embargo, calquera ferramenta ou técnica precisa dun contexto, dun tempo e dun espazo para que sexa efectiva. Coñecer o grupo e as persoas que o conforman, crear as condicións para que se dea un proceso de participación e xerar un clima propicio e distendido, tamén fai parte do resultado final da experiencia, na que cada persoa aportou, dende a súa propia singularidade, á construción dun coñecemento específico que cobrou maior relevancia na dimensión colectiva do traballo feito.