A USC xunto ca Universidade de Lyon organiza o curso de perfeccionamento “Xestión estratéxica de explotacións agrícolas para unha mellora global continua”, que se vai desenvolver na Escola Politécnica Superior de Lugo entre o 26 de xaneiro e o 10 de febreiro, cun total de 80 h de duración

Vai especialmente dirixido a técnicos relacionados coa xestión de explotacións no ámbito rural, así coma estudantes universitarios de títulos de orientación agraria e forestal.

O curso foi deseñado e será impartido maiormente por Philippe JEANNEAUX, profesor de economía rural de VetAgro Sup (Universidade de Lyon), co-creador do método PerfEA para a xestión estratéxica de explotacións agrícolas, e con importante experiencia na súa aplicación a todo tipo de explotacións dende 2009. Está prevista a participación de 17 alumnos franceses da escola VetAgro Sup e outros tantos da USC.

O prazo de preinscrición está aberto ata o próximo venres 13 de xaneiro.

Para máis información descarga este tríptico (PDF)

Comparte isto!