Os días 04 e 05 de marzo, celebrarase a 14ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Na mesma estarán presentes tódalas empresas productoras de planta ornamental e flor da comarca, así coma empresas auxiliares.

Durante os dous días, desenvolveranse distintas xornadas técnicas dirixidas tanto ós profesionais coma ó público en xeral. Tamén serán presentadas distintas innovacións novedosas no ámbito da producción ornamental, así como no apoio técnico das explotacións.

Podedes descargar o tríptico informativo nesta ligazón

Comparte isto!