Actividade encadrada dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información para o Agro Galego 2017.

 

Asistimos nos últimos meses a continuos accidentes laborais no sector forestal, tanto de profesionais como de particulares, con causa última de morte dx traballador/a.

Dende o CFEA de Guísamo identificamos esta situación e intentamos, mediante esta acción de transferencia, mellorar os niveis de cualificación na xestión e explotación do arboredo, tanto dentro do sector público como privado, concretándose en labores de poda, mantemento, restauración e conservación de arboredo, apeo e procesado, seguindo criterios produtivos, fitosanitarios, estéticos, de seguridade e funcionais, respetando as normas de seguridade laboral e medioambiental.

O programa desta actividade é:

  • Mecánica e mantemento da motoserra.
  • Combustible, depósitos e filtros.
  • Sistema de prendido
  • Carburador
  • Sistema de arranque
  • Embrague e transmisión
  • Elementos de seguridade.
  •  Elementos de corte: cadea, lubricación, tensado, espada.
  • Práctica de mantemento da motoserra.
  • Tensado e engraxe da cadea
  • Comprobación dos elementos de seguridade
  • Limpeza e cambio de filtro
  • Afiado da cadea

-Prazo de inscrición rematado-

Comparte isto!