Actividade encadrada dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información para o Agro Galego 2017.

 

OBXECTIVOS:

1.- Proporcionar os coñecementos básicos para acadar unha comunicación eficaz con persoas usuarias dos servizos que ofrece o turismo rural.

2.-  Atender necesidades básicas de formación en lingua inglesa de persoal que presta servizos no sector do turismo rural.

3.- Engadir valor á experiencia do turista que se comunica en lingua inglesa.

 

DESTINATARI@S:

Persoas propietarias/ responsables de establecementos de turismo rural

Persoas traballadoras en establecementos de turismo  rural

Persoas que desenvolven actividades relacionadas co ocio no medio rural

 

Nº DE PRAZAS: 10

 

PROGRAMA:

Centrado nas funcións comunicativas fundamentais na relación con clientes nos establecementos de turismo rural:

.- Recepción

.- Acollida

.- identificación das necesidades dos clientes.

.- Atención telefónica.

.- Gastronomía.

.- Comprensión e tradución da documentación básica dun establecemento de turismo rural.

 

Para participar na actividade enviádenos por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.es iste formulario cuberto.

Comparte isto!