Actividade encadrada dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información para o Agro Galego 2017.

 

OBXECTIVOS:

1.- Imprimir un carácter especial ás casas de campo, con colores, texturas e materiais autóctonos, con un novo estilo en adornos decorativos.

2.- Buscar converter espazos en ambientes sinxelos e económicos.

3.- Buscar liñas sinxelas con detalles de todas as tendencias actuais de decoración e unha mestura harmónica entre elas.

 

En resume:  personalizar cada ambiente en calquera estación do ano valorizando e  aproveitando de elementos naturais autóctonos que engadan valor decorativo nos establecementos turísticos rurais, tentando darlle un estilo propio, recoñecible e indicativo do medio rural galego .

 

DESTINATARI@S:

Persoas propietarias/ responsables de establecementos de turismo rural

Persoas traballadoras en establecementos de turismo  rural

Persoas que desenvolven actividades relacionadas co ocio no medio rural.

Atención: cambio de datas. 

Esta actividade realizarase en datas por determinar a partir da segunda quincena do mes de Setembro.

Para participar na actividade enviádenos por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.es iste formulario cuberto.

Comparte isto!