Actividade encadrada dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información para o Agro Galego 2017, e que terá como poñente a Idoia Cuesta Alonso, Premio Nacional de Artesanía 2015.

Número de prazas 10.

Datas: Esta actividade realizarase en datas por determinar a partir da segunda quincena do mes de Setembro.

 

OBXECTIVOS:

 

1.- Achegarse ao oficio da cestería de xeito creativo.

2.- Coñecer e aplicar diversas técnicas de tecido en ornamentación e construción.

3.- Fomentar o uso de materiais vexetais propios.

 

Programa:

.-  Aspectos básicos do manexo e plantación das variedades de Salix (vimbio)

.- Poda, talado e conservación do material.

.- Usos do vimbio en xardinaría e paisaxismo. Peches e valados naturais.

.- Cestería tradicional galega. Cestos e diversos obxectos.

.- Técnicas de tecido.

 

DESTINATARI@S:

Persoas propietarias/ responsables de establecementos de turismo rural

Persoas traballadoras en establecementos de turismo  rural

Persoas que desenvolven actividades relacionadas co ocio no medio rural.

 

Esta actividade non ten custe de inscrición. Para participar enviádenos por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.es iste formulario cuberto.

Comparte isto!