O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) como organismo de transferencia de tecnoloxía da Consellería de Medio Rural decidiu, en colaboración coa EVEGA e FEUGA, celebrar unha conferencia internacional o día 13 de xullo para transferir ao sector vitivinícola os resultados do proxecto europeo WINETWORK e apoiar a sustentabilidade dos viñedos galegos a través da mellora do coñecemento destas patoloxías.

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Conferencia Internacional sobre as Enfermidades da Madeira da Vide e sobre a Flavescencia Dourada.

 

Folleto divulgativo co formulario de inscrición para poder participar neste evento.

Talleres de formación sobre enfermidades da madeira da vide e sobre a flavescencia dourada.