Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría

Ciclo formativo de Grao Medio de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.

 MÓDULOS

1º curso

2º curso

Fundamentos agronómicos.

Taller e equipamentos de tracción.

Infraestruturas e instalacións agrícolas.

Principios de sanidade vexetal.

Implantación de xardíns e zonas verdes.

Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro.

Formación e orientación laboral.

Control fitosanitario.

Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes.

Composicións florais e con plantas.

Establecementos de floraría.

Técnicas de venda en xardinaría e floraría.

Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación en centros de traballo (FCT).

 

 

DURACIÓN

dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.

TITULACIÓN: Técnico/a en Xardinaría e Floraría

SAÍDAS PROFESIONAIS

Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.

Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.

Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais..

 

Suplemento Europass

O Suplemento Europass é un documento informativo que facilita a comprensión a empresas de outro país do significado do Título: cales foron as disciplinas cursadas e as competencias adquiridas.

EUROPASS DIPLOMA SUPPLEMENT Technician in Gardening and Floristry 

Suplemento Europass Título Jardinería y Floristería 

Máis información:
  Portal “Todo FP” do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

NORMATIVA:

DECRETO 101/2011, do 5 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en xardinaría e floraría

Leave a Reply