Programa de prácticas Fundación da Universidade da Coruña (FUAC)

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización privada non lucrativa, que impulsa cursos, mestrados, prácticas en empresas, autoemprego e outros proxectos de carácter benéfico-docente, para a promoción, desenvolvemento e financiamento das actividades propias da Universidade da Coruña e as súas relacións coa sociedade.

Se estás buscando o xeito de comezar a túa propia aventura no mundo laboral, a FUAC pódeche axudar co primeiro impulso. Anímate a descubrir os Programas de Prácticas!

Os/as candidatos/as interesados/as deben completar o seu rexistro en www.fundacion.udc.es/emplea e subir dixitalmente a documentación solicitada. Recordade que poden ser de calquer centro de FP ou universidade española, pero deben ter algún vínculo con Galicia.

Obtén máis información descargando o tríptico informativo.