Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo está adscrito á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) da 
Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.


seu obxectivo é respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades 
agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural.

   A formación que se imparte no CFEA de Guísamo axústase ás características da súa zona de influencia e baséase nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental, potenciando deste xeito o aproveitamento dos recursos do lugar.


Plan de formación contínua agroforestal 2019

A Consellería do Medio Rural ten previsto impartir ao longo do ano 2019 os seguintes cursos:

  • Cursos de aplicador/manipulador de fitosanitarios – nivel básico.
  • Cursos de aplicador/manipulador de fitosanitarios –  nivel cualificado.
  • Cursos de aplicador/manipulador de fitosanitarios – ponte.
  • Cursos de aplicador/manipulador de fitosanitarios – renovación cualificado.
  • Cursos de aplicador/manipulador de fitosanitarios – fumigador.
  • Formación de tomadores de mostras e controladores de muxido e de leite nas explotacións.
  • Clasificadores de canais de vacún.
  • Renovación da formación de directores técnicos e inspectores das ITEAF.
  • Produción integrada.
  • Seguridade e saúde laboral no sector agroforestal.
  • Prevención de riscos de poda en altura.
  • Poda de froiteiras.
  • Formación de directores técnicos e inspectores das ITEAF.

Tódalas persoas interesadas en participar desta formación deberán formular a súa petición a través da seguinte solicitude:

Formulario de solicitude accións formativas

 Formulario de solicitude accións formativas – teleformación

Cursos programados



Actividade recente:

No feed items found.

Novas do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
No feed items found.
Novas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán
Novas da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA)
Novas da Consellería de Medio Rural 
No feed items found.
Novas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (FP)
No feed items found.

Comparte isto!